español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
novas
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

A asociación impugnará a licencia e agarda a intervención da Consellería de Cultura
A asociación impugnará a licencia e agarda a intervención da Consellería de Cultura(28/3/08) En rolda de prensa na Sala Sargadelos, a asociación anunciou que recurrirá xudicialmente a concesión de licencia polo Concello para o proxecto de construción nas Costas do Parque (unidade CS-5). No acto tamén se deu conta do informe da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Lugo, e na que os integrantes da mesma acordaron por unanimidade informar desfavorablemente sobre esta grave actuación para o Parque.

A comisión está integrada por representantes da Dirección Xeral de Patrimonio, Consellerías de Cultura, Política Territorial e Vivenda, representantes dos concellos entre eles o de Lugo, membros do Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago, así como por arquitectos, arqueólogos, historiadores e outros profesionais de recoñecido prestixio en materia de patrimonio.

Nas súas conclusións, a comisión establece como solución a do traslado da edificabilidade á parte baixa da parcela, opción que non se valorou por parte do Concello e que reduciría considerablemente o impacto dos edificios sobre as vistas do Parque, respetando igualmente os dereitos do constructor. No documento tamén se reitera que o Concello non solicitou autorización á Consellería de Cultura, por atoparse a parcela no radio de protección de dous bens catalogados como son o Sanatorio Portela e as Termas Romanas.

As mais de 11.000 firmas recollidas ata o momento, son para nós a demostración máis evidente do gran rexeitamento ó proxecto por parte da cidadanía de Lugo, por elo, a asociación recurrirá xudicialmente a concesión desta licencia á vez que agarda que a Consellería de Cultura recurra tamén a vía xudicial, tanto pola falta de solicitude do seu informe como polo non acatamento do Concello á orde de paralización emitida por este organismo, sendo obriga do mesmo velar de forma activa pola protección do patrimonio.

Nas vindeiras datas continuarase con distintas movilizacións e accións no que cremos é un labor de sensibilización para protexer un dos lugares máis emblemáticos da nosa cidade, e no que o valor especulativo da construción non pode quedar por riba do sentido común e da paisaxe patrimonio de todos.

< voltar | informe da Comisión de Patrimonio | informe de Cultura

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |