español | mapa web
asociación pola defensa do Parque Rosalía   segue en curso o contencioso para evitar esta imaxe + de 11.000 firmas
textos
a asociación
sinaturas
campaña BIC
xa asinaron
novas
imaxes
actuacións
¿por qué?
contencioso
textos
axúdanos-te
descargas
burradas
os soldos
ligazóns
contacto
 
 

Pechar o Parque
Ángel Álvarez Ceide
(publicado en 'El Progreso', 16/3/10)

Quédome petrificado ao ler que queren enreixa-lo parque. Os motivos? O botellón, os actos vandálicos e as pintadas. Non cabe dúbida de que estamos ante un fenómeno de consecuencias degradantes para a nosa cidade e o Concello non debe permanecer alleo a esta problemática por máis tempo. No entanto, considero a medida desproporcionada, pois se trata de colectivos minoritarios, sendo o civismo o que máis abunda entre os cidadáns. Todos temos dereito a gozar dos bens públicos sen máis límites que o de facer un uso adecuado dos mesmos. Xa que logo, a Administración Local no exercicio das súas potestades debería molestarse en buscar unha solución que non consista só na restrición de dereitos, que é sempre a máis recorrente. Tampouco hai que esquecer o estado de abandono total que sufriu este emblemático parque durante dous anos, nos que permaneceu coa pérgola valada e algunhas árbores semicaídas; desta desidia naceron as pintadas e o botellón. Pola contra, hai outras cidades que si souberon facer os seus deberes con respecto a isto habilitando recintos para as actividades do lecer (Cáceres e Granada).

Propoño unha reflexión: Seica non se poden equiparar devanditos actos vandálicos ás agresións que comportan certas actuacións municipais? Sen ir máis lonxe, a urbanización das costas do Parque (considerada anulable por sentenza xudicial); o asfaltado do antigo pavillón de deportes; a instalación de guindastres privados en xardíns públicos (Pintor Corredoira); a edificación do Templo de Mitra, así como tantos restos romanos que acaban baixo terra. Por non falar de cando chega o San Froilán, data na que o parque e a súa contorna quedan coma se pasasen as hostes de Atila. A conclusión é que, a pesar de que tanto cidadáns como representantes políticos están suxeitos a obrigacións con respecto aos bens públicos, na práctica só os primeiros acaban respondendo das súas actuacións ilícitas.

< voltar

       
Asociación pola defensa do Parque Rosalía |